XORNAL ESCOLAR

Xogos, manifestos e música a favor do galego

20190515144657718_result
photo_camera Escolares de numerosos centros de ensino celebraron todos xuntos o Correlingua.

O alumnado de Secundaria citouse inicialmente no Auditorio para participar na gala final do Correlingua coa actuación do grupo de gaitas do CPR Seminario Menor A Inmaculada

Baixo o lema “O galego é a fórmula”, máis dun millar de estudantes de 19 centros de ensino de Ourense e da comarca participaron no Correlingua 2019. A iniciativa coa que se busca fomentar entre o público máis novo o uso do galego, tivo dous escenarios destacados para a celebración da festa da lingua. Primeiro, o alumnado de Educación Primaria compartiu xogos populares que se encargaron de preparar previamente os alumnos de Tafad Ourense. Esta actividade foi na Praza Maior de Ourense, onde tamén participaron nun concurso de pancartas co lema deste ano. De seguido, todos os participantes realizaron un percorrido ata o Auditorio polas rúas da cidade. No recinto municipal, o alumnado de Primaria participou na gala presentada por Anxo Manoel, coa actuación do grupo Cuarta Xusta, gañador do concurso Cantalingua.

Pola súa banda, o alumnado de Secundaria citouse inicialmente no Auditorio para participar na gala final do Correlingua coa actuación do grupo de gaitas do CPR Seminario Menor A Inmaculada. Neste mesmo intre realizouse a lectura do Manifesto 2019, a cargo do alumnado do CPR Concepción Arenal e proxectáronse os vídeos gañadores do concurso.

Escolares de Ourense volveron a gozar dunha magnífica xornada festiva adicada á lingua galega que dous días despois se homenaxeou en todos os puntos de Galicia coa celebración do Día das Letras Galegas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?