O acto será na igrexa de Santiago de Rubiás e contará coa actuación de Uxía
Calvos de Randín volverá a ter unha cita coa súa historia o vindeiro día 7 de xullo, co acto de nomeamento dos novos xuices honorarios do Couto Mixto. A asociación que leva o mesmo nome vén de convocar unha nova edición deste evento na igrexa de Santiago de Rubiás para distinguir aos presidentes das Freguesías de Sotelinho, Lamadarcos e Cambedo. A xornada comezará ás 12,00 horas, coa tradicional comitiva previa e a escenificación da historia do Couto Mixto.
A nota musical correrá a cargo da cantante galega Uxía e, posteriormente, celebrarase un xantar popular aberto a todas as personas que queiran participar e previa reserva, que deberá facerse antes do vindeiro 3 de xullo chamando ao teléfono 699 548 159.
"Este evento supone una manera de recordar algo muy nuestro. Sería importante reflexionar sobre la libertad y la democracia que había por aquel entonces, podríamos tomarlo como referencia a nivel político", manifestou o rexidor de Calvos de Randín, Aquilino Valencia. "También es una manera de rememorar a la gente, las costumbres, y todo lo que se hacía en aquel momento", engadiu.
Unha marcada tradición
No acto lémbrase a unión de Galicia e Portugal, concretamente, a unión das localidades de Santiago de Rubiás, Meaus y Rubiás. Os homes do acordo son os tres encargados de custodiar o baúl que alberga toda a documentación de aquela unidade.