URBANISMO

Xunqueira quere humanizar a súa avenida principal

Ángeles Vázquez y Carlos Gómez, durante la reunión.
photo_camera Ángeles Vázquez y Carlos Gómez, durante la reunión.
A conselleira de Medio Ambiente analizará as posibles vías de colaboración para facer esta intervención

O alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez Blanco, solicitou a colaboración da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para levar a cabo un proxecto de humanización da avenida principal do Concello e a rúa Vázquez Portomeñe. Ademais, ambos representantes, abordaron outros asuntos de interese para o desenvolvemento do municipio. Gómez Blanco asegurou que o seu obxectivo é facer unhas rúas máis transitables e accesibles. 

Ángeles Vázquez, pola súa banda, asegurou que a Consellería de Medio Ambiente colabora dende hai anos cos concellos a través de diversas liñas de axuda coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas, programas nos que este proxecto podería encaixar, segundo a conselleira.

Pola súa banda, Vázquez comprometeuse a trasladar as peticións realizadas polo alcalde de Xunqueira de Espadanedo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Neste senso, analizarase o proxecto e se determinará a posibilidade de establecer unha liña de colaboración para a execución desta actuación.

Te puede interesar