SERVIZOS

A Xunta duplica as prazas na residencia de dependientes de Carballiño

O valor do contrato para a xestión da residencia, tendo en conta as prórrogas, ascende a 5,2 millón de euros

A residencia pública de maiores dependientes do Carballiño incrementará o número de prazas, tras varios anos de reclamacións por parte dos responsables municipais, formacións sindicais e grupos políticos. A xestión corre a cargo dunha empresa privada e cando abriu non se cubrira o número de prazas para as que fora deseñado o edificio. 

O Consello da Xunta aprobaba este xoves a licitación do novo contrato de xestión da residencia, que sae a concurso ata finais deste ano coa posibilidade de que poida seguir en vigor ata 2025. 

Este contrato presenta unha novidade importante con respecto ao actual, que remata o vindeiro 3 de maio, xa que duplícanse as prazas que están en funcionamento neste centro para maiores con dependencia ao amplialas das 25 actuais ata as 50. Deste xeito, a Xunta de Galicia reforza a atención ás persoas maiores que necesitan e demandan este tipo de servizo, segundo apuntan responsables do goberno autonómico. 

O importe de licitación ata final deste ano ascende aos 605.000 euros, dos que a Xunta achegará o 80%, con 484.000 euros. O valor total do contrato, tendo en conta as posibles prórrogas, ascende a máis de 5,2 millóns de euros.

A residencia de maiores con dependencia está próxima a residencia da terceira idade do Cornuval, xestionada pola Xunta, e na que os seus residentes poden valerse por se mesmos.

Te puede interesar