Cartas al director

Xuntanza no Castelo de Maceda e Xantar

Como pasaron os anos…sen darnos conta tamén, pero estamos moi contentos de poder volver a vernos todos xuntos outra vez… Este parágrafo forma parte da canción adicada a todos os exalumnos do colexio dos Milagros que estudamos alí, e en especial os da década dos anos 70 e os que non poideron vir por distintos motivos o pasado sábado 1 de xuño.

Tamén felicitar a Chelo e Katy sempre, e ano tras ano, pola boa organización do evento e os profesores “catedráticos” Graña e Peleteiro, sempre presentes nesta convivencia dende o seu comezo. Dende fai máis de 25 anos celébrase esta xuntanza no santuario dos Milagros con diversos actos o primeiro sábado do mes de xuño, nos que a convivencia, recordos e amizade están presentes nunha xornada de ledicia lembrando tamén a música e a canción de Miguel Ríos, que nos despertaba cada amencer co Himno da Alegría nos dormitorios do colexio dos Milagros. Foron anos sobre todo de estudar, rezar e xogar o fútbol con algunha cousiña a maiores… de vez en cando. Agora que xa estamos casi todos dos 50 e 60 anos para arriba pedimos sobre todo saúde para seguir véndonos moitos anos máis e celebrar o próximo ano, se deus quere, con outro xantar, porque solo se vive una vez.

Unha aperta para todos e que vivan Os Milagros connosco tamén.