Cinco zonas do casco histórico de Cea serán reformadas

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda acaba de adxudicar por un importe de 84.553 euros as obras de humanización e mellora de varias rúas do Concello de San Cristovo de Cea. Dos traballos encargarase a empresa Ingenieros Consultores Agrupados, S.L, e o prazo estimado no contrato para finalizar os traballos será de tres meses. 

As actuacións de mellora levaranse a cabo en cinco zonas do casco histórico do núcleo de Cea, co fin de darlle continuidade a unha actuación xa iniciada noutra fase de humanización e lograr a uniformidade de todo o conxunto. Para lograr este obxectivo, apostarase por unha pavimentación idónea para o uso peonil e de tráfico lixeiro, principalmente na parte máis antiga do núcleo, orientada a mellorar a seguridade, a accesibilidade e, en definitiva, a mellora xeral da calidade das rúas. A superficie a acondicionar é de 1.295,79 metros cadrados.

Te puede interesar