CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Trala saída matinal dos peliqueiros, pola mañá tamén tomaron as rúas do núcleo tanto os parranfóns como a vaca do Entroido, dous personaxes igualmente típicos e senlleiros da súa celebración, e que desfilaron xunto coas carrozas.
Tralo xantar popular no bar Merendeiro, a base dun bo cocido, pola tarde tivo lugar o momento máis salientable do sábado, no que en Campobecerros se adoita tirar tanto borrallo como as consabidas formigas.
Pequenos e maiores desfrutaron inmersos nunha particular batalla campal, mentres os trapos de barro e as formigas voaban polo aire.
Pola súa banda, os chocos dos peliqueiros non pararon de soar ao longo da tarde e da noite, e Campobecerros continuou coa troula grazas á satisfacción de seguir preservando a tradición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último