Evento

A banda da Loba en Ourense

14/02/2020
20:30 h
Auditorio Municipal de Ourense
Portada del disco "Fábrica de luz", de A banda da Loba.
Concierto

A banda da Loba, formada por Andrea Porto (baixo e coros), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarras e coros), Marcela Porto (batería e percusións) e Xiana Lastra (voz), regresa a Ourense para presentar o seu segundo traballo discográfico, "Fábrica de luz", co que xa leva xirado desde xaneiro por diferentes teatros e salas de Galicia cun gran éxito de público e crítica.

O concerto de presentación será no Auditorio municipal o venres, 14 de febreiro, ás 20:30h. As entradas anticipadas, que teñen un custo de 6€ + gastos, están á venda en Ataquilla. O propio día do concerto venderanse na billeteira a 8€.

O grupo destaca a súa incursión en Ourense como "unha ocasión moi especial, polas características do propio espazo, pola boa acollida que os nosos concertos sempre tiveron na cidade e tamén porque imos estar moi ben rodeadas de amigos/as que nos arrouparán no escenario, facendo deste concerto algo inesquecible".

Te puede interesar