Evento

“Chola a it girl”

25/10/2019
21:00 h
Universidade
chola_0
Teatro - FITO

Espectáculo teatral inscrito en la programación del Festival FITO.

Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de Youtube é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en dez sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It Girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, no que terá que confesar a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito


La compañía: Artesa

Integrada por Laura Villaverde e Roi Fernández. Os seus integrantes teñen un amplio currículum no marco escénico e artístico en xenral, participando en encontros escénicos internacionais en Edimburgo (Escocia, UK), Mostra Internacional de teatro de Ribadavia (España), The Kitchen (NYC, USA), the Dance Theatre Workshop (NYC, USA), e o recente encontro de teatristas experimentais iberoamericanos en San Juan (Puerto Rico), e a Xira por Colombia , onde se representou o espectáculo "Uvas de collón de ghalo".

Te puede interesar