Evento

O Cuarteto Caramuxo na Arca da Noe

25/10/2019
22:00 h
Arca de Noe, Vilar de Santos
Cuarteto Caramuxo
Concierto

ARRIEIROS SOMOS​ é o segundo traballo discográfico do Cuarteto Caramuxo, formación afincada en Vigo (Pontevedra), premio "Martin Códax” da Música de Galicia como mellor grupo de música folk na última edición celebrada o pasado mes de decembro de 2014.

Este traballo está composto por dez pezas instrumentais nas que este orixinal cuarteto de seis continúa a liña de reinterpretación da música tradicional galega que iniciaron no seu ​Tiruriru​ (Falcatruada, 2009) dende un punto de vista contemporáneo afastado dos estereotipos da música folk e que tan boa acollida tivo por parte de público e crítica.

Muiñeiras, xotas, alalás, e cantos de arrieiro de fins do s. XIX recollidos nunha parte que permanecía inédita do ​Cancioneiro Galego de Casto Sampedro​ son actualizados en mans do Cuarteto Caramuxo a ritmo de jazz, pop, reggae ou funk cargado de elegancia, virtuosismo e acenos a músicas coñecidas.

O ​CUARTETO CARAMUXO​ está formado por unha percusionista de formación tradicional ao carón dun acordeonista e catro clarinetistas de sólida formación académica que levan tocando xuntos máis de vinte e cinco anos nos que fixeron dende teatro a proxectos didácticos e nos que foron galardoados con diversos premios como o "María Casares de teatro de Galicia" en 2005 ou o premio "Cancioneiros” de música folk convocado pola Fundación Barrié de la Maza, que os deu a coñecer no mundo do folk a nivel galego e peninsular.

Te puede interesar