Evento

Docs del mes: "Marwa. Pequeña y valiente"

19/10/2020
19:30 h
Casa da Cultura (antigua Biblioteca), Ourense
docsou2
Cine documental

O campus de Ourense súmase á iniciativa Docs del Mes, ciclo de cinema documental que ten como obxectivo achegar o cine documental ao maior número de espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. Con entrada libre ata completar un aforo reducido de acordo coas normas ás que obriga a crise da covid-19, as proxeccións poderán verse en versión orixinal con subtítulos en castelán na sala do Cineclube Padre Feijóo ás 19.30 horas.

O luns 19 proxectarase Marwa. Pequeña y valiente, un documental da directora e produtora xordana de orixe palestina Dina Naser, que retrata a vida cotiá de Marwa, unha nena que vive nun campo de refuxiados de Xordania desde que fuxiu coa súa familia de Siria.

Te puede interesar