Evento

O documental do mes - "Push"

24/10/2019
19:30 h
Casa da cultura (Rúa Concello núm. 11)
Push
Extracineclube

Fredrik Gertten · (Canadá - Suecia, 2019) 92 min. [A] VOSE

Por que xa non nos podemos permitir vivir nas nosas cidades? Os prezos da vivenda aumentan en cidades de todo o mundo. Por outra banda, os ingresos dos seus habitantes, non.

"Push" é o novo documental do galardonado Fredrik Gertten (Big boys gone bananas!, Bikes vs. Cars), que investiga por que xa non nos podemos permitir vivir nas nosas propias cidades. A vivenda é un dereito fundamental, condición sine qua non para unha vida sa e segura, pero nas cidades do mundo, ter un lugar onde vivir é cada vez máis difícil. Quen son os responsables? Cales son os factores que fan que o acceso á vivenda sexa un dos problemas máis imperiosos a nivel mundial?

Te puede interesar