Evento

O grupo “Troyanos de Compostela”, en Celanova

26/10/2019 a 26/10/2019
19:00 h a 20:30 h
Auditorio Ilduara, Celanova
troyanos1_resultado
Presentación do primeiro álbum nun evento gratuito

O ano pasado, no marco dos actos conmemorativos do 25º aniversario do Museo Casa de la Troya, a agrupación musical da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, “Troyanos de Compostela”, presentaba o seu primeiro CD no Teatro Principal compostelán baixo o título Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya. Este sábado, 26 de outubro, o grupo ofrece un concerto no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, coas cancións deste disco. A actuación, que é gratuíta ata completar o aforo, comezará ás 19:00 horas.

Esta actuación está promovida polo Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez de Celanova. A través desta iniciativa faise unha pequena conmemoración do 150 aniversario do poema Cantiga de Curros Enríquez, letra da popular canción Unha noite na eira do trigo, que está no repertorio do concerto.

Te puede interesar