Evento

Presentación de "A luz da chuvia"

12/03/2020
19:30 h
Casa dos Poetas, Celanova
Antón Jardón e Delfín Caseiro co seu libro. (Foto: Miguel Ángel)
Literatura

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o xoves, día 12 de marzo de 2020, ás 19.30 horas a presentación de “A luz da chuvia” dos autores limiaos Delfín Caseiro Nogueiras e Xosé Antón Jardón Dacal e editado por Toxosoutos. Os autores estarán acompañados por Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez.

A publicación reúne dez contos inspirados na literatura oral de carácter popular e nestes se recrean as vidas dunha serie de personaxes no mundo rural da posguerra. Escritos de maneira colaborativa, neles atoparemos xogos con situacións e aconteceres que perduran na fecunda memoria colectiva.

Os dous limiaos forman parte do Padroado do Museo da Limia (Presidente e Coordinador). Colaboran do Centro de Cultura Popular do Limia na edición da revista ‘Lethes’. Teñen participado en diversas publicacións colectivas: ‘Limiaxinacións’, ‘Evocacións das Terras do Lethes’ (2009), ‘Miguel, un cura grande en Parada de Outeiro’ (2009) e son coautores do libro ‘O Lebre das Casarizas, unha vida de máquinas e inventos’ (2019). Tamén son colaboradores esporádicos do dixital ‘Dendealimia’ e da revista ‘Tempos novos’.

Te puede interesar