Obradoiro virtual de escrita con Eva Mejuto.
Voces narrativas: Desde quen e desde onde escribimos?
Á hora de escribir, unhas das principais decisións que debemos tomar e que condicionarán o conxunto da obra é a voz que empregamos para contar unha historia. A finalidade deste obradoiro é explorarmos, en conxunto e individualmente, os distintos puntos de vista, as súas posibilidades expresivas, emocionais e narrativas. Analizaremos e debateremos pros e contras de cada unha delas e faremos propostas de lectura e escrita para mergullármonos nas distintas formas de narrar.
Este obradoiro está pensado para público adulto e realizarase de forma virtual en dúas sesións este mércores e o que vén de dúas horas cada unha delas.
As prazas son limitadas polo que é preciso a inscrición previa chamando ao teléfono 988 788385.