Evento

XXII Festa do Viño Novo de Cabanelas

24/11/2019
Cabanelas
2018112423480526715
Carballiño

A XXII Festa do Viño Novo de Cabanelas (Carballiño) o próximo 24 de novembro. Os produtores deste entorno que forma parte da Denominación de Orixe Ribeiro disporán de 300 litros de viño tinto para acompañar as degustacións, comida e merenda que se desenvolverán ao longo da xornada. Delfín Borrajo, veciño de Cabanelas, destacaba a boa colleita deste ano e a calidade do viño. 

No acto de presentación da festa, que tivo lugar na adega dun pazo da localidade, participou tamén o alcalde, Francisco Fumega, que agradeceu o traballo da asociación de veciños de Cabanelas na organización da festa, que cualificou de entrañable, e na que, ademais de poder degustar o viño, pódese disfrutar dunha paisaxe e patrimonio excepcionais.

A concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, referiuse á festa como un xeito de dinamizar a vida no rural e unha homenaxe á longa tradición vinícola de Cabanelas. Tamén anunciou que o concello ofrecerá de xeito gratuito o servizo dun microbús que sairá cada hora da casa consistorial de 11,00 e 14,00 horas, e de 16,00 a 19,00 horas.

Te puede interesar