O legado das cantareiras gaña sonoridade e sororidade no Día das Letras Galegas
O seu legado é indispensable para a súa continuidade en novas voces e para recoñecer o papel desas mulleres que, xunto coa figura do gaiteiro, son reflexo da cultura de apoio común coas súas rogas que transmiten as tarefas do campo e outras situacións do quefacer cotián.
As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado - Agrupación Folclórica Aturuxo. APOI-Museo do Pobo Galego
Quedaron illadas á esfera privada coa evolución doutras formas de folclore, pero a súa importancia é fundamental na tradición oral lírica galega.
Adolfina e Rosa Casás na Vila da Igrexa (Cerceda) retratadas por Dorothé Schubarth
Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. A través delas, das pandeireteiras e cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda –as Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década–, renderáselles homenaxe no Día das Letras Galegas 2025.
“A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, salienta a proposta aprobada. Nela enlázase a celebración vindeira coa deste ano a través dun verso de Luísa Villalta que sintetiza ese herdo transmitido dunha xeración á outra: “As coplas aprendidas na saia da avoa”.
As pandereteiras - Ilustración de Nuria Díaz para primaveradasletras.gal (Real Academia Gallega)
As catro Pandeireteiras de Mens, Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda. Xunto a Adela Rey Torrado e Teresa Lema Varela formaron o primeiro grupo de cantantes tradicionais que espallaron a poesía folclórica oral polo mundo, despois de incorporarse na Agrupación Folk Aturuxo da Coruña nos anos 70.
Pandereteiras e cantareiras., Ilustración de Nuria Díaz para primaveradasletras.gal (Real Academia Gallega)
Todas elas proceden dunha parroquia e dunha comarca extraordinariamente ricas en tradición oral e escenario de múltiples coleccións en diferentes momentos históricos.
Tal como explica Iciar Varela, autora con Xosé Manuel Varela do libro "Cantareiras", fala das artistas populares en Radio Xallas sobre as Pandeireteiras de Mens e resalta o valor delas cando ían para Latinoamérica e deixaban as súas familias na casa, naqueles tempos. "Elas pasaron de ser unhas nais, unhas amas de casa, a ser unhas artistas viaxando por todo o mundo e gustáballes moitísimo, afirma Varela.
"As mozas de agora non saben disto" din as cantareiras mentras explican neste vídeo como se ter que facer.
Teresa, Prudencia, Manuela e Adela unidas como cantareiras - Agrupación Folclórica Aturuxo. APOI-Museo do Pobo Galego
As cantareiras, a “enerxía colectiva que nunca perece” de Castelao
A creación, recreación e transmisión da poesía oral foi cousa “dunha infinda moitedume de luciñas e vagalumes”, debuxou o presidente da RAG no discurso de clausura, parafraseando a Castelao e o seu “Alba de Gloria”. No que é tamén o ano do intelectual rianxeiro (cadrando co 75 aniversario do seu pasamento), Henrique Monteagudo sitiou á cabeza desa “moitedume”, guiada por Rosalía de Castro o propio Castelao, as Pandeireteiras de Mens, a Rosa e Adolfina Casás Rama e a Eva Castiñeira: “Elas representan –volvo ás palabras do gran rianxeiro– o pobo, que nunca nos traizoou; a enerxía colectiva, que nunca perece”.
Pandereteira vista pola ilustradora Nuria Díaz
“Castelao referiuse arreo ao pobo traballador como creador e custodio fiel, durante séculos, da cultura e da chave de ouro da identidade galega: o idioma”, proseguiu o presidente da Academia nunha intervención en que reflexionou sobre o presente e o futuro do idioma. Fíxoo xusto un ano despois de que o seu predecesor, Víctor F. Freixanes, lanzase un chamamento a prol dun pacto pola lingua, e tras se coñecer o pasado outono que o galego perdeu a súa posición secular de lingua máis falada do país. “Por desgraza, os discursos dos líderes políticos nos tempos recentes non aboan esa esperanza. A pesar disto, a nosa ilusión non se extingue”, advertiu.
Ilustración de Nuria Díaz para primaveradasletras.gal (Real Academia Gallega)
Dorothé Schubarth chegou á Vila da Igrexa en marzo de 1980 para gravar e documentar o canto de Rosa (1912-2009) e Adolfina Casás Rama (1913-2005), as primeiras das seis mulleres protagonistas das Letras Galegas 2025 en viren ao mundo. A musicóloga ficou abraiada pola variedade das melodías que achegaron e a orixinalidade das súas coplas, algunhas delas únicas no repertorio galego. Eran ademais boas improvisadoras, malia non ser a regueifa unha práctica común na comarca de Ordes.
Estrella, veciña de Dumbría, informante do Cancioneiro, canta para Dorothé Schubarth Fonte: Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego
O epicentro das cantareiras e pandereteiras
As catro Pandeireteiras de Mens falecidas hai máis de dez anos, xunto a Adela Rey Torrado e Teresa Lema Varela, formaron o primeiro grupo de cantantes tradicionais que espallaron a poesía folclórica oral polo mundo, despois de incorporarse na Agrupación Folk Aturuxo da Coruña nos anos 70. Todas elas proceden dunha parroquia e dunha comarca extraordinariamente ricas en tradición oral e escenario de múltiples coleccións en diferentes momentos históricos.
Documental Dorothé na vila
Dorothé na Vila é unha película documental que percorre corenta anos despois o mundo gravado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas de tradición oral do país.
Este Día das Letras Galegas debe servir para salvar do anonimato a estas transmisoras de letras populares. Mulleres que narraron oralmente o acontecido no seu territorio xeración tras xeración, o que agora constitúe un auténtico documento antropolóxico imprescindible para comprender a Galicia daqueles anos que leva á actualidade.
O traballo realizado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth (1944-2023) e o académico fonsagradino Antón Santamarina, autores da recolleita e edición nos anos 80 do século pasado da biblia do noso folclore, o Cancioneiro popular galego (Fundación Barrié), permitiu identificar informantes como Adolfina Casás Rama (1912-2009), Rosa Casás Rama (1913-2005), tía e sobriña naturais da Vila da Igrexa, lugar da parroquia de Cerceda. Tamén a principios dos 80 Milladoiro subía aos escenarios a Eva Castiñeira quen, canda a súa sobriña, foi a primeira pandeireteira en actuar cun grupo folk.
Adolfina Casás Rama na Vila da Igrexa (Cerceda)
Antes, dende os primeiros 70, actuarían en palcos folclóricos as Pandeireteiras de Mens. A historia destas cinco mulleres foi recuperada na presente década nun libro de Beatriz Busto Miramontes editado pola Central Folque, selo que editou tamén outro volume sobre Adolfina e Rosa Casás Rama escrito por Richi Casás, tal como se recolle dende A Real Academia Galega.
O legado de nais a fillas e netas das cantareiras e pandeireteiras
Estas e moitas outras iniciativas de persoas que foron recollendo individualmente os cancioneiros populares por todo o país contribuíron a visibilizar a enorme riqueza dunha expresión artística colectiva deostada durante séculos e ameazada polo proceso de urbanización do país. Así e todo, fronte ao que aconteceu noutros territorios, o cancioneiro popular conseguiu chegar cheo de vida ao século XXI, e deixou unha fonda pegada na alta cultura, empezando polos Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
Alejandro Gándara e Olaia Tubio, Dorothé na Vila
A (r)evolución da música tradicional galega
As Tanxugueiras felicitan o Días das letras galegas
Co homenaxe ás cantareiras reivindícanse dous piares fundamentais da nosa lingua e cultura: o legado de tantas mulleres do pobo que, como as que protagonizan estas letras colectivas, foron as principais creadoras e transmisoras da poesía oral popular, e a súa continuidade en novas voces como as de Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro (As Tanxugueiras), que abren novos e exitosos camiños creativos á tradición e á lingua.
Tanxugueiras é ún dos grupos que está a cambiar o tratamento da música tradicional galega. Aida, Sabela, e Olaia, cun son completamente diferente pero recoñecible, adaptan a música tradicional aos estilos actuais para e recuperan cancións dándolles unha nova vida.
Imaxes con motivo do Día das Letras Galegas 2025
O grupo galego abriu esta revisión da música tradicional ao panorama nacional e internacional. Os críticos apuntan que o seu mérito é manter viva a tradición, a lingua e o folclore e dotalos de novos significados, achegándoos a un público poñendo o foco na recuperación dos ritmos, as cancións e as tradicións.
Este 17 de maio, Día das Letras Galegas 2025, se pode ver a sesión extraordinaria convocada pola Real Academia Galega. As Tanxugueiras abriron o acto interpretando varias cancións populares e reivindicaron as cantareiras das que aprenderon e a defensa do galego:
Grazas ás mulleres que nos ensinaron todo o que sabemos. Temos unha lingua propia que defender. E así o faremos sempre, levando connosco as cantateiras, Galicia, a nosa lingua.
O acto concluíu coa interpretación do Himno Nacional a cargo de Icía Varela e Xaquín Rama. Ás portas do centro cívico, público e autoridades foron recibidos polos cantantes da Asociación Carcaxía de Malpica.
O acto completo pódese ver aquí:
BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025 - Ilustración de Nuria Díaz para primaveradasletras.gal (RAG)