Opinión

A política descentrada

Hai dez anos, eu era dez anos máis novo ca agora. Estou case seguro de que vostede tamén. Hai dez anos, o mundo era case igual ca agora pero, á vez, era moi diferente.
Fíxese vostede se son tempos lonxanos, que non existían nin Facebook, nin Twitter, nin tan sequera Whatsapp! Sen embargo, comunicábamonos e enterábamonos dos acontecementos de tódolos xeitos. En canto á información a diferencia é que agora é todo moito máis veloz e a saturación de datos é total. Tanto que, ás veces, faise complexo disitinguir o certo do falso, o real do irreal. 

O mundo político semella gardar moitos paralelismos con esta evolución/involución informativa. As formas e os discursos aceleránrose ao endiañado ritmo de resposta que esixe a actual hipercomunicación que padecemos. 

Non hai estratexias a longo prazo. Non hai tempo para a coherencia. Só hai que correr hacia adiante a golpe de twits efectistas e ideas que fagan bater palmas aos máis enfervorizados seguidores da liña ideolóxica da que se trate.

Hai dez anos, gran parte da disputa política versaba, primoridialmente, sobre quen ocupaba o centro do espectro das ideas. Quen era máis de centro era un debate constante entre os, daquela, case únicos partidos, PP e PSOE. 

Os conservadores tentaban reporse do golpe inagardado que lles supuxo a derrota electoral do ano 2004. Viña de rematar o ciclo do muchacho de Valladolid que falaba catalán na intimidade da súa alcoba. Si, o mesmo que agora case propón exterminar a todo o que fale nesa lingua.  O partido creado por Manuel Fraga, bruxuleaba na procura dun liderado que o delfín dixital oriundo de Pontevedra non remataba de domesticar.  Eso si, todos tiñan moi claro que eran máis de centro ca ninguén. 
ZP, o leonés da cella, completaba unha lexislatura ateigada ata arriba de medidas sociais case revolucionarias. Eso sí, nas súas mensaxes e nas  do seu séquito sempre se insistía con contundencia en que o seu espazo ideolóxico era o da centralidade. 

Eso foi xusto antes de que os selectos e alporizados membros  do TDT Party, comezaran as súas longuísimas sesión de telepredicamento. Eles foron os pioneiros na radicalización do discurso. Zapatero foi “sambenitado” como responsable directo de tódolos males da civilización occidental, de moitos dos da oriental e incluso dalgúns dos problemas de universos paralelos. 

Moita da crispación coa que hoxe convivimos debemoslla a este grupo de revisionistas nostálxicos. 
Nestas chegou a crise e os problemas do día a día comezaron a mudar de faciana. O paro, o desánimo, as apreturas económicas comezaron a estar no menú diario de moitos cidadáns e aí é onde os populismos aparecen coma moho nun anaco de pan co paso do tempo. 

Hoxe por hoxe, ese Santo Grial do centro, está deshabitado completamente. Ninguén o reivindica e todos buscan as respostas nos extremos. Os altofalantes dos partidos tradicionais, compiten para ver quen aporta o argumento máis roxo ou máis facha.  Non é doado de entender. Ou estou moi errado ou o sentido común tende a habitar non equilibrio. Os acordos son necesarios. Bueno, sempre e cando, a política se adique a pensar en solucionar os problemas da xente e non en polarizala para tentar gañar eleccións. 

Te puede interesar