Opinión

Peter, Paul and... Mary?

Áhora que garabateo malamente estas liñas, ven de confirmarse que se chegou a un preacordo prerrelámpago entre prePSOE e prePodemos para a preformación dun goberno. Cando lea vostede isto, se cadra, xa estamos todos de novo chamados ás urnas. Ou a unhas preurnas. De non ser así, será sinal de que a fumata vermella progresa adecuadamente.

É certo que chega seis meses tarde e ademáis con certo retraso pero o caso é que chega. A  inestabilidade e a incerteza están comezando a fartar a millóns de españois que buscan acubillo para o seu voto nas mensaxes populistas dos extremos, así que benvido sexa e agardemos que para ben.

Todo o desenvolvemento da trama é moi patrio, trazado seguindo ao pé da letra o guión que deixaron escrito á limón Berlanga e Cuerda para a España deste século. Imaxinemos, por exemplo, a un paisano calquera que fondamente traumado ao escoitar algunha das sesudas declaracións de Sergio Ramos ou Kiko Rivera, caera nun profundo coma ao día seguinte das eleccións xerais de abril. Poñamos por caso que o interfecto en cuestión espertara na tarde deste martes 12 de novembro sen ser consciente do transcurso de 6 longos meses. O home, inquedo pola situación política demanda de inmediato consultar as novas para saber como vai o da formación do novo goberno e atópase coas imaxes do fraternal abrazo entre Sánchez e Iglesias. 

Na cabeza do noso belo durminte, fórmase a idea de que aconteceu o que semellaba lóxico na noite electoral que para él fora tres días antes. Sen embargo, o noso protagonista estaría a piques de entrar de novo en estado de shock sorprendido porque de súpeto Ciudadanos pasara a chamarse Vox e Albert Rivera deixara medrar esa varonil barba que lle confire un aire a califato Omeya que tira de costas. Algo non encaixa. 

A verdade é que poidemos aforrar toda esta peaxe  de preto de 180 días e case 200 millóns de eurazos de custo para as arcas pública. De feito, estou por pedir o libro de reclamacións para que me devolvan o tempo político perdido. Pero en fin…

Deixemos fluir o momento, agardemos polo ben de todos, que ningún dos agarimosamente abrazados aspire a Xudas e esté pensando en sisarlle a carteira ao outro. Agardemos polo ben común que as feridas do pasado restañen e os problemas para durmir de Sánchez non vaian a máis e poida arranxalos cunhas infusións de herbas ou algo que lle facilite o seu novo mellor amigo.

E é que xa está todo escrito. Resulta que Peter, Paul and Mary foi un grupo américano arrimado ao folk con grandes éxitos nos anos 60. O de máis alcance foi unha tonada de título “Puff (The magic dragon)”. Xa temos a Peter e a Paul, pero e Mary? Cantas persoalidades vai ter Mary para completar o grupo? Errrejonistas, nacionalistas, electricistas e mediopensionistas aínda teñen moito que dicir, e é de supoñer que esixir, antes de pechar o contrato discográfico. Haberá boa armonía coral ou o remedo do trío será unha cacofonía sen sentido?

Agardemos que o de “puff” non sexa unha onomatopeia premonitoria e todos interpreten a mesma canción, o contrario sería darlle ás e converter en Pegaso ao cabalo do califa.

En calquer caso, o primeiro bico que sempre é o máis díficil está dado. Que sexa para ben.

Te puede interesar