Opinión

Amanece en Madrid

Son as sete menos algo da mañá. Estou nun décimo piso e amanece sobre Madrid. A luz laranxa vai gañando, definitivamente, aos malvas mentres a cidade se esperguiza. Soa un coche ao lonxe e comezan a brillar tubos de aireación nos tellados.O horizonte limpio en todas direccións deixa a ver ao lonxe campos amarelos da meseta sur, o Pirulí da televisión, a inmensa mancha verde escuro da Casa de Campo, algunas grúas de novo edificios.. Noto que algo está cambiando. Paréceme que estou dentro dun cadro de Antonio López. O mesmo sentín onte á tarde pilas rúas case desertas do centro: ponte de Santiago, aquí non queda ninguén. Ou si.

Madrid é una das grandes cidades europeas que siempre vive e coa que moitos debemos reconciliarnos. Tan preto e tan lonxe. A utilización da toponimia como xeografia das almas acabou por non ser boa cousa. Madrid pensa… Madrid non nos entende… Pero non prensa nin entende nada porque é só unha cidade, un magmático punto de encontró e de vida de xentes de toda España primeiro e agora xa de boa parte de mundo pero non é unha persoa que sinta. É só un espazo xeográfico, vivencial, cheo de oportunidadeso, de angustias, de fracasos e de éxitos. Seductor. Amado e odiado como todos polos seus habitantes. Nada novo. Nada distinto. Onte andei por esa milla de ouro da cultura mundial que vai da Cibeles a Atocha, e sentinme nun deses nodos do mundo. Exposición de arte das vangardas europeas en Caixa Forum nunha colección americana. A cultura en iniciativa privada de máxima eficacia. Logo dun paseo polo Botánico, o Prado. O público ven gestionado. A Exposición do Bosco. Marabilla das marabillas. Paga a pena vir a Madrid por ver una cousa tan ben feita… e moitos son os viaxeiros de occidente que a ela se achegan. Magnífica montaxe, extraordinarias pezas, discurso excelentemente construído. Montaxe audiovisual fermosisimo. O Bosco dos tolos, o Bosco da relixión, o Bosco inimigo do carnaval e do pecado. Ese pintor de soños e pesadelos… un precursor exitoso, triunfador na época, con taller e escola… O Bosco, pintor obsesionado, case, coas gaitas: en case todos os seus cadros aparecen gaitas e gaiteiros, asimilados á rexouba e divertimento pecaminoso. Ese vello instrumento paneuropeo que soubo resistir á modernización do mundo entre nós.Pensó no que gozarían os amigos gaiteiros Impresiónanme as paisaxes infernáis do fondo das obras. As cidades en chamas, as lapas laranxas facendo matices de sombras con corpos intuídos, diminutos, negros, voando e alexando sobre a escena… E os monstros dos soños producidos pola razón dos tempos. Se cadra foi sempre así e en cada momento toman unha natureza. Se cadra plasmalos, como fai o Bosco, escorrenta o perigo de que nazan e se reproduzan.

En fin, Madrid, cidade na que ningún é forasteiro porque ningún era de aquí hai cen anos, distrito federal das Españas, quero reconciliarme contigo. Hei de vir máis por aquí a ver exposicións e beber cervexa nas terrazas de calquera praciña. Agora o ceo xa non é laranxa non hai malvas. Una nova luz sobre a cidade.

Te puede interesar