Opinión

A bolboretiña do día | Avogacía, veciñanza e rapazada

Dentro da linguaxe politicamente correcta de arestora hai a tendencia a fuxir das palabras que teñen marca de xénero masculino pero non feminino. Así, é correcto dicir “as vítimas”, incluíndo homes, pero non “os traballadores”, incluíndo mulleres.  Esta tendencia fai que o colexio profesional dos avogados se chame arestora “da avogacía”, isto é da profesión e non dos profesionais. Pasa o mesmo co novo uso e abuso de “veciñanza” nos medios, no que se usa un abstracto -a calidade do que está próximo: “a veciñanza de fin de ano fai que reflexionemos sobre o futuro”, para evitar o dicir “os veciños e veciñas” por exemplo.  O mesmo rexe para “rapazada” que pasou de ser unha acción propia de rapaces, algo que denotaba falla de madurez (“Non sei como co maior que é segue facendo rapazadas como esa”) para asumir o colectivo de rapaces e rapazas. A min, estes novos usos, non me gustan, pero non mando na lingua. Tampouco.

Te puede interesar