Opinión

A bolboretiña do día | Os bombons

Onte pasamos dos carambelos que colgan aos caramelos que se chupan. E de aí, hoxe chegamos a unha palabra nova, de etimoloxía transparente, que é bombón. Aparece nos comezos do século XVII entre as elites europeas que copiaban aos franceses. E si, é unha palabra de formación expresiva que simplemente aplica a esa peza de chocolate fino, unha unha reduplicación de “bon” como intensificador. Como cando nós facemos o superlativo repetindo a palabra. Ushuaia está lonxe, lonxe. A rapaza é lista, lista. “Que tal o chourizo? Está bo, bo. Pero a ninguén se lle ocorrería chamar a un chourizo bombón, porque a palabra xa estaba collida para esa lambetada ou gulosina que din os portugueses, gulosos, eles, pois o pecado é gula. E proba son as natas lisboetas. As do Mercadona non están mal, tampouco.

Te puede interesar