Opinión

A bolboretiña do día | Enxurrada

Nube de palabras
photo_camera Nube de palabras
Estes días leva chovido o seu. Incluso derramou ou estragou algunhas rúas, como a de Celso Emilio Ferreiro. A enxurrada de auga que baixaba quedou gravada en moitos teléfonos. E enxurrada é palabra moi nosa, moi viva que o dicionario recolle como “Corrente forte de auga orixinada por chuvias intensas” e estaría relacionada coa palabra “chorro”, e coa súa variante a palabra “xurro” (hoxe case especializada en líquidos feos, que solta o esterco ou así). E hai os que din que naceron imitando o son da auga e outros relaciónanas con “saburra” as pedra miúdas que formaban o lastre dos barcos. En calquera caso, enxurrada ten varios sinónimos, como arroiada, de arroiar. E esta si que é palabra vellísima. Plinio chamáballe “Aurum arrugiae” ao ouro extraído pola forza do “arroio” da auga despois de derrubar os montes. Como nas Médulas.

Te puede interesar