Opinión

A bolboretiña do día | Fatiga ou fadiga?

Entre as cousas que son comúns a galego e portugués está a evolución dun t  intervocálico antigo a un d. Así, do spatha,  catena, moneta latinos,  pois dá espada, cadea ou moeda, en ambas linguas. E como saben as cultas non se “gastan” e manteñen o t, como en monetario ou concatenar. Estráñame, polo tanto, que o dicionario da RAG non recolla hoxe “fadiga” como sinónimo de “fatiga” tal e como fan hoxe os dicionarios portugueses e onte todos os galegos, desde o Padre Sarmiento no século XVIII. Así pois, creo que fatiga e fadiga, fatigar ou fadigar, son parellas de sinónimos perfectos. Pola contra, infatigable é forma única. Non se gastou, non non se fadigou ou  fatigou a palabra culta latina.

Te puede interesar