Opinión

A bolboretiña do día | Filloas

descarga
photo_camera descarga

Achégase o tempo. Palabra curiosa. Vén, seica, do latín vulgar foliola, que era a forma plural do diminutivo de folla, que era foliolum. Así, filloas, sería evolución cambiando o inicial por i. Os xudeus serfarditas de Marrocos din “fijuelas”, e no do castelán da Península conservan o o, en “hojuelas”. De aí o seu refrán “Miel sobre hojuelas”. Tamén relacionado coas follas e doces, do dividido en follas latino, foliatus, vén o follado do galego e o folhado portugués, que non é máis ca o castelán “hojaldre”.

Resulta curioso como hai unha palabra da linguaxe xurídica moi estendida entre nós en castelán que é “hijuela”. Vén do latín filiola que é o diminutivo de filla, ou sexa, unha derivación de algo. Por iso se usa para os documentos nos que se adxudican as herdanzas a cada un dos herdeiros. Os portugueses usan quinhão, e nós deberiamos dicir “quiñón”. Pois a súa posible evolución (que tamén sería filloa) nunca se deu. E quiñón, como parte, si.

Te puede interesar