Opinión

A bolboretiña do día | Lapóns e correción política

undefined
Vostede entende, coma min, que un lapón é aquel que come moito, sobre todo doces, polo que é sinónimo de “lambón”, relcionado con lamber e relamber. E seguramente sabe que “lapar” ten o dobre sentido de comer de présa, de enguilir, (“Estaba distraído e lapoume todas as croquetas que puxeran co viño) pero tamén, derivado metafórico do anterior, de apoderarse de algo sen permiso, (“Lapoulle os cartos todos á avoa”). Pero vostede tamén sabe que hai un lugar no máis norte de Europa, nunha zona repartida entre varios países -Noruega, Suecia, Finlandia- que se chama Laponia, e os habitantes, lapóns e lapoas. Seica Papa Noel (Pai Natal, para os amigos lusos), vive por alá. Pois ben, agora é palabra riscada no dicionario da RAG que pon como explicación “forma correcta: SAAMI”. Pois vale. Pero non nos enganemos nin esaxeremos, o dicionario debe ser un lugar de rexistro da realidade viva da lingua, alén da prédica de corrección política.

Te puede interesar