Opinión

A bolboretiña do día | Mouro

Os romanos dividían a súa África coñecida en varias partes: Africa proconsular (máis ou menos Túnez e as costas de Líbia), Numidia (o oriente de Arxelia) e Mauritania (Alxeria occidental e Marrocos). Así, da palabra romana “maurus” que viña dunha forma grega semellante que significaba escuro, veu o topónimo Mauritania. E os “mouros” pasaron a ser tanto os habitantes desa zona, como a xente -ou calquera cousa - de superficie escura, -un can mouro, unha noite moura, como os musulmáns todos. Tamén, entre nós, pasaron a ser os seres sobrenaturais que vivían debaixo da terra dos castros ou das mámoas e que serían algo así como os nosos antagonistas complementarios no inframundo. En castelán a forma “moro” tivo unha historia paralela e, inda que se usa por veces nun senso pexorativo, dá nome a un grupo islamista de filipinas, o “Moro Islamic Liberation Front”.

Te puede interesar