Opinión

A bolboretiña do día | Óso, oso e urso

Bolboretiña do 18 de decembro.
photo_camera Bolboretiña do 18 de decembro.
O exemplos da distinción entre o aberto e o pechado en galego é case sempre “óso” do corpo e “oso” animal. Se vostede os pronuncia fixándose, ve como abre a boca máis para o primeiro o acentuado como se dixese “sogra” e pecha máis a boca nos outros tres, como os dous os de “sogro”. Pero tamén aparece recollido en case todos os dicionarios non no da RAG a palabra “urso”, para o animal, latín puro, que é como lle chaman os portugueses. O nome da localidade onde está o noso mosteiro pronunciámolo con o pechado mesmo hai un escritor ourensán que pasou alí uns anos, que o escribe con u, Useira pois a cousa vén de osos e non de ósos. O topónimo Usera o barrio de Madrid vén dun apelido do dono dos terreos, e en Portugal hai varios lugares chamados Usseira, polo que parece que “urso” é unha recuperación culta. Pero a min como sinónimo, urso, gústame.

Te puede interesar