Opinión

A bolboretiña do día | Preto

A palabra preto seica vén do latín “prettus” unha alteración de “pressus” participio de “premere” apertar, comprimir. E desde esa acepción veu tanto a cor -por estaren moitos pigmentos xuntos e espesos ─un vestido preto, escuro─- como o apertado, en “carnes pretas” e incluso, o de estar próximo. “Velle está preto de Ourense”. Iso que tamén se di neste último significado, “perto”, como fan en Portugal. “Velle está perto de Ourense”, aínda que non figure no dicionario oficial. Os portugueses distinguen “perto” -de estar ao lado, de “preto” negro. Nós non. Próxima é a palabra “apertar”, pero esta vén, seica, do latín “appectorare” moi modificado a través dun “appetrare” e un “appertare”, ou sexa atraer aproximar ao peito, como abrazar, é rodear cos brazos. Así que vén ser o mesmo apertas ou abrazos. Para todos vostedes.

Te puede interesar