Opinión

A bolboretiña do día | Quixera ou quixese?

undefined
En castelán estudiabamos que o pretérito imperfecto de subxuntivo tiña dúas formas “quisiera o quisiese” e que era perfectamente intercambiables. O que non deixa de ser unha falla de economía lingüística rechamante. Claro que en galego isto non é así. En galego, o agora chamado “antepretérito” de indicativo é quixera, botara, amara, chegara, etc. e corresponderíase co castelán, “había + participio”. Así cando en castelán se di “Yo ya había llegado cuando empezo a llover” en galego dicimos, “Eu xa chegara cando se botou a chover”. Por iso, pola influencia galega, moitos diriamos “Ya te lo dijera” en vez de “Ya te lo había dicho”, aínda que non estea ben en castelán. E o noso “quixese” ten normalmente o sentido do quisiera o quisiese do castelán. “Para que chegase a tempo o paquete, funo levar eu”. En castelán podería ser llegase ou llegara. En galego non. “Xa chegara” sería “Ya había llegado”.

Te puede interesar