Opinión

A bolboretiña do día | Ríos e rivais

nnnOs romanos, coma nós, tiñan sinónimos máis ou menos aproximados. E nunhas zonas do imperio impúxose un, noutras outro, como orixe das súas formas actuais. De “flumen”, río, ven o italiano “fiume”,  e ese “flumen” está emparentado con “fluír”, porque os ríos, flúen. Doutra parte, de “rivus”, orixinalmente un regueiro, veñen a maioría dos derivados nas linguas modernas latinas (rio, riu -en catalán-, rivière...) e incluso algunhas como o inglés, con “river” tan latinizadas. A palabra “ría” --exportación mundial galega, como fiordo, norueguesa—é claro, a feminización de río, para significa máis grande, como poza respecto de porto ou cesta de cesto. O curioso é que da familia daquel “rivus” veñen “rival” –o que está da outra parte do río— e “derivar” que era desviar o curso da auga. Pero como en latín dicían xa “riparia”, nos debemos dicir “ribeira” con be, non con uve.

Te puede interesar