Opinión

A bolboretiña do día | Tempo da poda

O galego “poda” vénlles do latín “puta” que era forma regresiva do verbo “putare”, ou sexa podar. E nada que ver coa forma galega “puta” que vén do latín “putta” que se refería a unha rapariga, (como “putti” son en rexistro culto, os anxelotes da arte), pero despois foi collendo outra significación.  Así pois, poda –ou podadura—e podar, non facerlle unha “putada” a unha árbore. Máis ben o contrario. E cando un poda, se corta a rama ou galla a rentes do tronco, está “decotando” e se o fai xeral, está facendo unha “decota”. Tamén relacionada o verbo “decepar” que ten o sentido este de cortar arrente (“Coa guillotina a Luís XIV decepáronlle o pescozo, seica”), pero tamén o de arrincar de raíz.

Te puede interesar