Opinión

A bolboretiña do día | Votar, botar e botar

A bolboretiña do día.
photo_camera A bolboretiña do día.
O primeiro votar non ten dúbida. É o que farán vostedes pasado mañá, expresar a opinión por medio de votos. Iso que os votos, á parte de papeletas, son promesas de comportamento -de aí as vodas, onde se fan votos de varias cousas. E se votamos en urna é polos votos ou promesas que nos fan. E despois temos dous botar con be, que se escriben igual pero non soan o mesmo. Unha é con o aberto (facer que un corpo elástico rebote nunha superficie: “o rapaz bota a pelota”) e outro con o semipechado (o “echar” en castelán). Así pois, “o rapaz bota a lingua cando lle peta”.  Pasadomañá, co seu voto, sitios haberá en que boten de alegría cos resultados, e tamén onde boten fóra dos cargos aos que están, para poren outros.

Te puede interesar