Opinión

Bolboretiña | Onde aparcar

undefined
É curioso como os vehículos particulares, (coches, pola checa ou carros polo portugués e falas americanas) son cousa nova, o lugar onde estacionalos ten nome moi variable: Buenos Aires, por exemplo, está cheo de letreiros que poñen en grande “Playa” e algúns, poucos, aclaran por debaixo, “de estacionamiento”. En castelán dubídase. Temos en Ourense “Parking Juan XXIII” e “Aparcamientos La Torre”. En Portugal tamén dubidan. No Porto conviven o “Parque de estacionamento da Torre dos Clérigos”, o Parking Joao I, o Garagem Saa da Bandeira, etc. Todo se entende, sen problema, porque ademais teñen un P azul grande que os sinala en todo o mundo. En galego debemos preferir “aparcadoiro” (o sufixo -doiro fai referencia a lugar onde se realiza unha acción, como obradoiro, amarradoiro, sumidoiro...) e non aparcamento, por mento está relacionado coa propia acción, non co lugar: aborrecemento, acatamento, adelgazamento... En fin, que topen sitio rápido.

Te puede interesar