Opinión

Galego e Covid-19

A covid-19 é cousa ruín. E lévome fixado que tampouco lle é boa, e perdoen que non é frivolidade, para a lingua galega. Explícome. Con este andazo -algo que anda entre a xente descontroladamente- con esta epidemia -enfermidade moi estendida-, con esta pandemia -enfermidade estendida por todo o mundo- moitas persoas se viron na necesidade de escribir letreiros informativos para o público sobre número de persoas que poden acceder aos locais, horarios, normas, etc. E aí vemos que á parte dos institucionais, a maioría dos realizados por particulares -tendas, bares, comercios- foron escritos en castelán. 

A RAG incluíu no dicionario as novas palabras -coronavirus, teletraballo, confinamento... -, incluso nos dixo que como é enfermidade debe ser feminina -a Covid-19 e non o Covid-19- pero a inercia da maioría do público foi facelos en castelán. Pasa como coas esquelas, pois se pensasemos que estas irían na lingua que falase o defunto -cousa que tería a súa lóxica-, semellaría que os que falan galego non morrerían. Así, parecería que a Covid-19 non vai cos galegofalantes. 

En fin, as cousas, tamén nisto, poderían ir ben mellor.

Te puede interesar