Opinión

“Hágaselo mirar"

Unha das esencias dunha lingua son as súas frases feitas, intraducibles, como “Éche o que hai”. Na actualidade, con cada vez menos galegofalantes inerciais de calidade, hai xente que para ironizar ou cousa semellante, usa frases feitas en castelán ou tradúceas mal no medio do discurso en galego. Ambas non son boas cousas porque evidencian unha dialectización e dependencia fea. Algunhas construcións do castelán complícanlle a vida a neofalantes. Por exemplos, aquelas nas que inclúen o polivalente “se” do castelán que ás veces se refire á propia persoa, ás veces a un terceiro. “Se lo dió ayer a la tarde”, sería, claro “Deullo onte á tarde” pero “Se lo paso muy bien ayer”, simplemente é “Pasouno moi ben onte”. E nestas segundas hai ben máis de complicación. “Hágaselo mirar” non se pode calcar en “Fágao mirar”. Se cadra “deberÍa velo mellor” ten a mesma carga irónica, pero desde dentro da lingua. Por exemplo.

Te puede interesar