Opinión

A bolboretiña do día | Os nomes dos nosos montes

Moitas das nosas  cordais montañosas e das comarcas, levan nomes prerromanos: Trevinca, Larouco, Xures, Velle pola mesma razón que lles contaba onte dos ríos: para entenderse os que chegaban e os que aquí estaban. Pero outro moitos montes, foron bautizados en época romana ou posterior.  Ao redor de Ourense, temos O Cumial -de cume-; a Cuña -que no resto de Galicia sería “Cuíña” e en castelán “Colina”;  O Outeiro - un dos nomes máis frecuentes en Galicia- veñen de Altarium, lugar alto. O de Trasalba é curioso, formado por unha forma romance “tras” e unha prerromana Alba (relacionado cos Alpes, Apeninos, como moitos lugares que se chaman Alba, albeiros, etc.). Máis modernos, son, claro, Monte Alegre, da idade media; o Monte das Neves, -cunha capela abandonada e que nos fala da pequena idade do xelo, cando había neves case perpeutas alía, ou xa desde 1949 o Monte do Seminario, que nos fai esquecer o topónimo anterior, que agora, non lembro.

Te puede interesar