Opinión

Parar en todos os pisos

Shakespeare dixo, en frase ben célebre, que estamos feitos da mesma materia que os nosos soños (exactamente: “We are such stuff as dreams are made on...”). E si, é certo. Pero tamén que estamos feitos da mesma materia que as nosas lembranzas. Si. Nun momento lembramos algo... e logo, noutra circunstancia, lembrámolo de novo... E esa evocación pasa a ser un dos fíos cos que está tecida a nosa personalidade. Poden ser fíos de urdime, grosos, sostén firme sobre os que se asenta as nos as crenzas e conviccións fondas, esenciais; poden ser fíos delgadiños, dos que dan só matiz, color, textura, ou seren, puramente, intrascendentes. Pero si, as lembranzas técennos. 

E miren que cousas, o outro día ao entrar no ascensor do Centro Comercial e ver a prevención con que se pulsaban os botóns, lembrei nun deses fíos liviáns outro ascensor, un día, nun país lonxano e próximo: Israel. Resulta que a organización do curso ó que eu asistía situáranos hoteliño modesto nas veciñanzas da Estación de Autobuses de Xerusalem. Era o seu lobby un punto de encontro de arranxos matrimoniais dos xudeus ortodoxos. Si. Como nas películas: nas mesas que alí había era frecuente ver encontros de mozos coloradotes vestidos cos seus espantosos e abrigosísimos traxes negro s a 40 graos, con modosas mozas de pelo moi recollido, cabeza cuberta e ollada sumisa, baixo os ollos escrutadores ambos do “mediador”, do “casamenteiro”; vello, falangueiro e observador. Ás veces os encontros duraban moito e sorrían algo e chegábanse a mi rar aos ollos; outras veces, duraban pouco e marchaban serios e máis colorados... Víase que a cousa non funcionaba. 

Si. O hotel era de propietarios ortodoxos. Notábase ben no buffet do almorzo: nin xamón de york, nin touciño churrascadiño, nin nada semell ante... Non debían ser mala xente porque cos empregados palestinos víase trato amable e, incluso, foron eles, os palestinos, os que nos pasaron, descubertamente, a Belén, na zona da autoridade nacional palestina. Iso si, cando nos viñeron buscar coa súa fu rgoneta, esperaron fóra do complexo do Yad Vashem, o Centro da Memoria do Holocausto, porque non querían ter que dar explicacións. En fin, os donos do hotel eran moi cumpridores da súa visión ortodoxa do xudaísmo. Que hai outros moito máis liberais. Como o s católicos integristas, os non integristas e os que van só a bautizos, vodas e funerais. E xa saben que o seu día de descanso é o sabat (iso é o que significa e de aí lle vén o nome ó noso sábado). E máis ortodoxos levan ao extremo iso de non traballar, e evitan facer calquera tipo de actividade que se puidese chegar a considerar traballo. E miren que cousas que para eses días puñan un paquete aberto dun papel hixiénico tipo servilletas enlazadas, porque así non se pasaba o “traballo” de cortalo. E o do ascensor tamén é cousa de sorpresa: durante todo o sabat, isto é desde a saída de venus, contra a fin da tarde do venres, ata que sábado á noite se visen tres estrelas, o tal pasaba a posición automática e subía e baixaba parando en todos os pisos para que n inguén levase a traballeira de pulsar o botón. E pensei que outro tanto podían facer no Centro Comercial durante os tempos griseiros que vivimos. Iso si, o do xamón é radicalmente intocable. Xamón, pan e viño, sempre.

Te puede interesar