Opinión

Pártense ou pórtanse?

Que hai refráns contaditorios, xa o sabemos. Pero hai un curioso no que só cambia unha letra. “As castañas no Nadal, pártense mal”, din algúns facendo referencia a que xa secaron bastante desde que se apañaron e están empezando a estar moi duras. Pero outros din “As castañas no Nadal, pórtanse mal”, facendo referencia ao pesadas para a dixestión que son. Seguramente os dous refráns son certos e nunca saberemos cal foi primeiro. Nin falta que fai. Certos, tamén aproximadamente, son os refráns de “O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día” -antes da reforma do calendario gregoriano, o solsticio de inverno coincidía con ese 13 de decembro- e o de “Día de Santa Lucía, tan longa é a noite como longo é o día”, se pensamos nas outras Santa Lucías que se celebran a finais de maio ou en agosto.

Te puede interesar