Opinión

Seica cantamos

Din os de fóra que os galegos parece que cantamos cando falamos. Isto que se cadra escoitou algunha vez, élles porque a nosa curva melódica é máis ampla cá do castelán –como pasa tamén co italiano, por exemplo, e o seu fillo, o acento arxentino- e porque temos moitas palabras esdrúxulas. Moitísimas. Sobre todo pola normal posposición dos pronomes aos verbos cousa que foi común co castelán do norte da península pero que foi desaparecendo desde os tempos do século de ouro e quedou reducido aos asturianos que seguen colocando coma nós. Así, debemos coidar a nosa curva melódica e ter a entoación galega cando falamos galegos. Do mesmo xeito que a inglesa ou a castelá cando falamos nestas linguas. A cada lingua o seu vocabulario, a súa fonética e a súa entoación. A súa alma.

Te puede interesar