Opinión

Non é igual: é parecido

Con frecuencia os derradeiros habitantes da Galicia despoboada temos que aturar con moita paciencia os clichés e estereotipos que ainda seguen a funcionar nas mentes máis profundas dos habitantes dos escaparates de confort que son as ciudades (hai que pagar por todo). Na súa meirande parte trátase de esaxeracións adicadas a favorecer a autoimaxe que de si mesmos teñen os residentes das urbes. Nestes temas tan sobados é preciso de cando en vez usar as palabras con propiedade. E de propiedades no rural sabemos moito.

Onde moitos ven “cobardes”, eu vexo xente prudente. Onde outros ven ambivalencia ou indecisión, eu vexo reflexividade. Cando se ve ós paisanos coma pobres, eu vexo xente humilde. E cando nos ven coma ignorantes ou simples, eu digo que somos sencillos. Non é igual: é parecido. Por eso non nos acabamos de entender. Porque aínda hai moito de dominio das ciudades sobre os espazos rurais. Sempre foi así. E sempre os habitantes das ciudades e os seus intereses determinaron o modo de vida das zonas rurais. E cando deixaron de seren necesarias para producir alimentos ou materias primas foron deixadas de lado polo mercado (económico, político e cultural). Agora nos queren impoñer unha nova visión (de diseño) do rural. Non hai reparos en admitir novas versións ou percepcións destes espazos. Pero, antes hai que respetar e permitir  que as supostas “víctimas” da despoboación (que son os do rural, non a xente da cidade que o ve con grande preocupación ou “pose“) participen no seu diseño. De feito (como sempre se fixo, por adaptación ó medio), non desde os despachos. 

Esquecer que neles vive  (ou vivía) xente coma calquera en calquera lugar non axuda a frear  a constante sangría de poboación. Moi ó contrario: agrava as condicións de vida. Regulación tras regulación, normativa tras normativa os paisanos ven como se van pechando as saídas a unha situación de estancamento e declive. Fomos tan esixentes á hora de planificar as nosas ciudades? Uff. E fomos tan respetuosos co patrimonio?  Véxase como exemplo o entorno do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, onde a modernidade oficial se ensaña co pasado para afirmarse coma os novos “amos”. Pouco respeto lle temos ó noso pobo, rediós… Temos autoridade moral para esixirlle tal cousa ós paisanos dende os despachos, tan afastados da realidade? Dende hai anos a frase máis escoitada no rural é “deixar facer”. Non vou defender eu que non haxa regulamentos, normativas ou limitacións para calquera actuación dun cidadán nos seus esforzos de garantir a súa supervivenza ou a dos seus fillos. Principalmente para que o que faga non perxudique a outros. Non é o caso normalmente. Pero esa supervivenza non pode ser estrangulada por unha maioría (urbán) que, dende o rural xa se ve con malos ollos. E de cotío vémolo refrendado polos seus feitos. Tamén nós podemos estereotipar á xente das ciudades.

Ó meu modo de ver (prudente, sencillo, humilde e reflexivo), os que deciden por nós dende as cidades pecan de imprudentes, complicados, soberbios e impulsivos. Os vemos con frecuencia polo  rural, apañando castañas que non son súas, dándolle voltas a cousas que teñen poucas, dando leccións sobre o que non coñecen (son centos de anos de experiencia sobre o chan) e facendo o primeiro que se lles ocurre (o que lles peta) sen pensarlo moito (rotondas, raios láser, caralladas… e vai ti saber…).

Poderían dunha vez, señores e señoras, pensar en que hai que dar facilidades (administrativas e fiscais) a aqueles que poderían facer perdurar (sostenibilidade) un xeito de vivir (patrimonio cultural) que vostedes dicen añorar e defender? Ou so é unha coartada para acabar coa poboación rural dunha vez para facerse co territorio e imponer o seu modo de vida? Unha cousa é o que decimos e outra o que facemos (moi aplicable á política). Digan o que digan… o logo fan… non somos iguais: somos parecidos. 

Te puede interesar