Opinión

De entretempo

Lecturas de entretempo. Antes, levábanse moito. Schopenhauer, por exemplo, non o era en absoluto. Líase sempre no inverno, tan serio e reconcentrado que era el, tan circunspecto e cáustico. Hoxe non creo que, agás tres ou catro vellos retrógrados coma min, o lean máis alá dun breve momento no que busquen regocixo, malsano, pero regocixo, e por nada máis que por andar a relear un pouco: xa saben, aquelo de que a muller é un ser de cabelos longos e ideas curtas. Se vive hoxe dalle un pasmo. Xa non lles digo nada da teoría aquela súa dos complementarios; cando nin os da LGTB se entenden entre eles. Quèrese dicir os da Liga LGTB, xa saben, Lleida, Girona, Barcelona e Tarragona. Así que a de Schopenhauer, considerada coma unha lectura de entretempo, nada de nada. Coma moito de inverno frío, malia que tanta razón tivera noutras das súas afirmacións que mesmo daban caloriño.

Haille autores moito máis levadeiros pra estes días. Últimamente estanlles moi recomendadas as lecturas de conspicuos escritores moi arredados de xentes coma Ramón y Cajal ou Pío Baroja que se permitiron títulos coma “El mundo visto a los ochenta años” o “Desde la última vuelta del camino”; póñannos vostedes na orde debida, se é que non a teñen, que eu nos estou hoxe para facer moitos alardes de memoria. Hoxe, se un quere ter de qué falar, hailles que ler a Belen Esteban, por un lado, e, si xa a teñen moi vista, que é de temer que sí, esperen polas memorias do ínclito e non sei se ubérrimo Paquirrín, que seica lle ofreceron oitenta mil euros por elas. Ó seu lado Schopenhauer, e quen di Schopenhauwer di Nietzsche o Wittgestein, deben ser algo así coma Lewis Carroll, o de “Alicia no país das marabillas”. En todo caso, estasque dixen tampouco serían lecturas de entretempo senón máis ben lecturas klinex, desas de usas e tirar, con toda a naturalidade do mundo.

Polo devandito empezó eu a sospeitar que non haxa coa lectura a mesma capacidade de catalogación que hai coa moda, malia que nun princpio poidera parecer que si. Hai lectores dun tipo e hai lectores de outros. E así vai a cousa. O malo é o deterioro porque a lectura vai sofrindo o mesmo deterioro ca roupa e a roupa vai desnivelandonos a todos de tal xeito que pronto nos imos ver vestindo o mesmo sen capacidade ninguna de redención; é dicir, teremos roupas de todo tempo. Os máis poéticos seica a isto dinlle globalización; os máis torpes pensamos máis ben na uniformización máis ovina que imaxinar puideramos hai tan só uns pouquiños anos.

Hai uns meses vimos o cima d’O Everest tomado por xentes que fixeron cola para subir a el e se facer un selfie. A cousa, nun princpio, empezara ben: non había nada, esas colas foran pra se facer outro selfie dediante da Gioconda, que para elo xa os hai que ter coma os do cabalo do Apóstol, por certo, pero agora acabo de ver una interminable cola, tamén deso que antes e con propiedade chamábamos xente, facéndoa para obter una instantánea, ou sexa, outro selfie máis, co deserto de Gobi tras delo Imaxínano? Coa cantidade area que ali hai! Pois sigo, hai quen vai á India, non a ver o Taj Mahal, senón a se deleitar sofrindo na contemplación dos barrios nos que ha xente pasa fame. E dalle ó selfie pra que se vexa ben e sen reparos Será a nosa una sociedade enferma? Serei eu e comigo tres ou catro?

Qué ou quen nos conduce a comportamentos como os que estamos tendo. A partires de datoso coma estes calquera cousa que pase non deberá de nos sorprender en absoluto. Viaxar miles de quilómetros para se facer una foro diante duna real ou dunha familia desnutrida é indicativo dunha conciencia que non ten nada que ver nin coa que se chamaba roupa de entretempo ou mesmo roupa de alivio cando, superado un tempo dende a norte dun ser querido, abandoabas pouco e poucoa roupa nefra e íala alterando coa gris ou mesmo coa branca ata volver vestir normal.

Quero pensar que o feito de que as máis das portadas dos xornais ou os sumarios dos noticieiros da televisión sexan tan iguais ou desiguais ó falar domesmo tampouco non estean axudando moito a que o mundo non sexa da forma n aqueo está a ser: miles de paspans facendo cola para se facer un selfie no mesmo lugar descanso. Antes metías a cabeza por un buraco e sacabante una foro como se foras Pulgarcito e ó vela riasgte coma un neno co resto da familia ó contemplala co resto da familia. Agora pos cara de Lawrence de Arabia o de Tereixa de Calcuta e tomaste en serio a túa pose convencido deque asi cumples coa xente e axudas a paliar as moitas desfeitas ás que te enfrontas a miudo na túa casa e vas resolvelas nas lonxanas casas das demais.

Lecturas de entretempo. O tempo hilvanado entre costuras e a conciencia colectiva prendida con alfileres, Coidado cos pinchazos. Ou coas perdas de presión. Unha roda desinflada tamén pode levar ó desastre mesmo neses estraños meses ós que lles dicimos de entretempo, os máis fermosos, por certo.E non digo nada sen son dúas…ou as catro dun golpe.

Te puede interesar