Opinión

Grazas, Paco: ¡Alcalde!

Non é doado, nin tan siquera pola miña profesión, acostumarse a despedir a quen forma parte deste singular percorrido, tan efémero como cheo de valores, que é a vida. Se ademáis, a persona coa que partillas os seus derradeiros intres é unha amizade da que un ten aprendido e disfrutado, a perda tórnase en severa quebra loitosa.

Coa integridade do discurso e o pensamento en Don Santiago (Paco, pola veciñanza recoñecido) , despedíame sin ser coñecedor da lastimosa cita final.

Teño necesidade, como exconcelleiro no pobo onde Don Santiago exerceu de destacado alcalde moitos anos, e pola fiucega sintonía que amosaba coa miña familia, de deixar escritas unhas verbas de fondo respeto e agarimo para él e os seus, cos que aínda presumo de boa amizade.

Santiago tiña artes e oficio dun home sabido pola experiencia, o campo, a natureza e as complexas relacións humanas. Era home recoñecido na nosa folkmedicina como compoñedor, e se había que facer de veterinario, facíase e punto! Home de rexistros e aptitudes de negociador con quen fixera falta nun rango desde o analfabetismo ata o licenciado ou o político de alta institución provincial. Pediu e deu para o seu pobo chamando a portas de moi diferentes cores políticas, pois tiña claro o maior beneficio, como rexidor para o ilustre Concello de Entrimo. Pasou pola súa intensa e vívida vida, con acertos ou erros como calquera de nós. Pero con innegable afouteza, honestidade, arranque e inesquecible marca personal. Viviu na Illa de Entrimo, pero nunca nunha illa, pois o illamento é cousa doutros...

Falabas con xenerosidade da miña nai, meu pai ou meus avós estando presente a túa muller, e un dous teus netos que tanto aprecio, Eugenio, na derradeira mañán na que disfrutamos da túa conversa.Xa es historia escrita e perenne do noso Entrimo. Grazas, Paco! Grazas, Alcalde!

Te puede interesar