Opinión

Curros, cronista parlamentario

Chégame, a través da sección "Sabe ud..." deste mesmo xornal e do vídeo do mitin que me remitiu un amigo e colega nestas páxinas, a información de que o líder nacional do PP, Pablo Casado, aludiu na súa intervención do pasado domingo á miña vila cando pretendeu citar ó noso poeta de cabeceira cunha referencia literaria probablemente ben comunicada por alguén e non moi ben interpretada pola súa parte e que o levou a denominar a Curros como "Manuel Curro" e a poñer na súa lira poética aquilo tan pondaliano de que "Galicia tiña que espertar do seu sono".

Evidentemente non é cuestión de esixirlle ós líderes políticos que coñezan a tódolos escritores, poetas ou pensadores de tódolos lugares onde van falar, porque non terían tempo para outra cousa. Ora ben, fronte unha cita insegura ou incerta, estou seguro de que o mellor "citador" que coñezo -que é Rosendo Fernández- recomendaríalle con moi bo criterio ó presidente do seu partido, o silencio.

Pero xa que o dixo e tal como o dixo, así quedou en evidencia, por se alguén ten a ben facerlle chegar, traducida, esta columna voume permitir  recomendarlle a lectura da súa obra. E non só da súa obra poética -que tamén-, senón dunha boa parte da súa obra xornalística porque, aínda que non o crea, anda moito máis preto do seu entorno habitual do que el pensa, non en van durante un tempo da súa etapa vital madrileña a súa verdadeira profesión foi a de cronista parlamentario, polo que non estaría de máis que -como pequena penitencia polo erro cometido- pida que lle procuren algunhas lecturas parlamentarias que estou seguro, tamén, que lle han servir de contraste, non sei e intelectual, pero cando menos ideolóxico.

Como mostra eu voulle reproducir aquí un ínfimo fragmento da crónica que escribiu cando no mes de febreiro de 1873 foi proclamada a Primeira República:

"Me retiraba de la tribuna pública del Congreso de los Diputados, de Madrid, donde acababa de proclamarse la República Española, sin costar a mi patria una sola gota de sangre.

La plaza de las Cortes, la carrera de San Jerónimo y todas las calles adyacentes estaban llenas de una multitud jubilosa que, loca de entusiasmo, aclamaba a los partidos republicanos y monárquicos que, ante la gravedad de las circunstancias, vacante el trono y con dos guerras civiles encendidas, habían llegado a tan feliz conjunción de voluntades y opiniones. (...) Cansado de gritar como ella, como ella ebrio de dicha y de contento…, agitados todos mis nervios, emocionadísimo, secándome las primeras y únicas lágrimas de alegría que han brotado de mis ojos, me fui orgulloso de haber asistido a aquella proclamación, soñando para España un provenir que aún no ha llegado..."

Te puede interesar