Opinión

Un ourensán de Forcas que marchou con 14 anos a Cuba e fixo fortuna en Camagüey

Habitación 810 do hotel Lincoln, coas fotos de Fangio e un diploma de recordo.
photo_camera Habitación 810 do hotel Lincoln, coas fotos de Fangio e un diploma de recordo.


Pero, quen era Antonio Fernández Prieto -cabe preguntarse- para ser propietario, no ano 1958, dun dos máis exclusivos hoteis da Habana? 

“No es fácil llegar a Forcas”. Así titulaba o profesor de Parada do Sil, Antonio Carreño, neste mesmo xornal, o 17 de abril de 2012, un artigo que se centraba en varios fillos desa aldea “asentada en la ladera de una profunda pendiente hacia el río Mao” e á que se chegaba “años ha, por escarpados caminos de caballería, bien partiendo desde la Ribeira Sacra o desde los altos del Rodicio”. Un puñado de veciños que acadarían sonados éxitos nas súas profesións, “unos camino de Barcelona y otros en la lejana Habana”.

Un deles foi precisamente Fernández Prieto, a quen o libro “Los propietarios de Cuba 1958” de Guillermo Jiménez, sitúa entre os 550 empresarios máis influíntes da illa na época de Batista. “Era propietario -di- de los hoteles Lincoln (La Habana), el Gran Hotel y el Colón (Camagüey) y el Sevilla (Ciego de Ávila), así como, nesa mesma cidade e en sociedade co seu veciño, Melquiades Lamelas, o Hotel Rueda polo que pasaron nomes non menores cós de Fangio, coma os Alicia Alonso, Ernesto Lecuona, Libertad Lamarque ou Jorge Negrete.

Entre as referencias biográficas sobre el, destacan algúns apuntamentos no blog do xornalista cubano William Navarrete, extraídos do mencionado libro “Los propietarios de Cuba” e nos que indica que “nació el 12 de febrero de 1904 en Orense -outras referencias falan de San Mamed de Forcas- y llegó a Cuba en 1918. Trabajó de mozo en la limpieza durante tres años en el hotel Las Villas, luego fue gerente de un hotel en Morón y otro en Ciego, hasta que en 1938 inauguró el Gran Hotel y más tarde el Colón en sociedad con Melquiades Lamelas”, ámbolos dous en Camagüey.

No ano 1941 casou coa cubana Lilia Esther Fuentes, doctora en Ciencias, Filosofía e Letras, con quen tivo dous fillos, Antonio e Mario, e unha filla, Lilia Esther.

Asentado económica e socialmente na zona centro-oriental da illa, mediado o século decide dar o salto empresarial á capital, cando  adquire o devandito hotel Lincoln que co secuestro lle daría unha gran fama, aínda que efémera porque a chegada de Castro á Habana, tan só un ano despois (1959), provocaría a nacionalización xeral da illa e o afamado Lincoln pasaría a ser xestionado coa categoría de 2 estrelas, pola cadea estatal “Islazul”.

Te puede interesar