Penélope vinte anos despois

Penélope Cruz non espera ningún tren. Subiu no que lle petou e leva nel máis de vinte anos. O recoñecemento á actriz no Festival de Cine de Donosti é un dos moitos que recibiu nos últimos anos. Alén do famoso Oscar do 2009, como Mellor Actriz de Reparto, conta tamén co César de Honra que se lle concedeu en Francia...

O que arde

En Navia de Suarna celebran a vitoria de Oliver Laxe en Donosti. O director galego gañou o IX Premio San Sebastián-Gipuzkua Film Commission. O que arde impúxose ás outras catro fitas seleccionadas -La trinchera infinita, de Jon Garaño, Aitor Arregui e Jose Mari Coenaga; El increíble finde menguante, de Joxe Mikel...

Quien a hierro mata

Despois de “Verónica”, e da saga “(REC)” -realizada con Jaume Balagueró-, Paco Plaza regresa cun novo filme: Quien a hierro mata. Trátase dun thriller, un xénero que Plaza domina. Nel poderemos ver o actor Luís Tosar, sempre impecábel, e a actriz María Vázquez, que nos engaiolou coa súa interpretación en Trote, de...

Volver

Volver. Abrir portas e ventás. Permitir que corra un pouco o aire, porque si se nota que non se renovou totalmente, que algo dos meses previos ao verán ficou varado no medio da sala e necesita saír fóra, abrirse paso ás rúas para diluírse nelas ata desaparecer. A idea consiste, basicamente, en gozar de aire fresco...

Escrito en sombras

Aquello a lo que nos enfrentamos cuando hacemos poesía es el error, -escribiu Anne Carson e continuou-. Pero, como saben muy bien, el objeto primero de la filología/es reducir todo placer textual/a un accidente de la historia...”. Esta é unha das citas que Luz Pichel emprega ao inicio do seu libro Tra(n)shumancias,...

Showrunner

Velaquí unha nova adquisición léxica: showrunner. A pregunta entón non se fai esperar. Que é un, ou unha, showrunner? Unha profesión “nova” que xurdiu a raíz da eclosión das plataformas de contido audiovisual. Fai referencia á persoa que desenvolve a función de produción, alén dou- tras como a de creación,...

A lectura en tempos de cólera

Pode un tipo que fai pizzas escribir unha obra mestra da literatura? Eis unha pregunta curiosa que apareceu nalgunha das reseñas sobre o último filme de Rémi Bezançon: La biblioteca de los libros rechazados. A devandita pregunta, malia sorprender un pouco fóra do seu contexto, ten moito sentido. Sitúemonos nunha...

Pura cinza

A cinza é o branco máis puro. Eis é o título do último filme de Jia Zhang Ke. Despois de pasar polo Festival de Cannes no 2018, esta peli do director chinés chega agora ás salas de cinema. A fita dá conta da singular historia de Qiao e o mafioso Bin, que, en ningún momento estará á altura da entrega e xenerosidade...

Novas masculinidades

El feminismo, junto con otros movimientos contemporáneos, destruye el misticismo de las relaciones entre hombre y mujer.  Isto foi o que dixo Limónov (Dzerhinsk, 1943). Considerado polos medios de comunicación como un “axitador”, o escritor e político soltou a frase de marras nunha das entrevistas que se...

Ledicia Costas en Valdeorras

Yo no leo libros en gallego porque el gallego me da sueño”. A escritora Ledicia Costas transcribiu no seu twitter o que, segundo explicou despois no mesmo chío  -“De como unha alumna de segundo da ESO aniquila a unha escritora cunha soa frase”-, lle espetou unha rapaza de Valdeorras. A verdade é que este...

Galiza en Cannes

Cannes está de celebración continua ao longo destes días. Polo de agora sabemos que Alain Delon recibiu xa a Palma de Ouro Honorífica por toda a súa carreira, malia eses comentarios penosos que ensombrecen bastante a súa imaxe pública. Supoño que por iso Frémaux afirmou que o actor non teme ficar só e di o que...

Sarah Maldoror

Leven as crianza ao cinema, porque, a educación non comeza por un libro, mais por unha imaxe. Estas son, máis ou menos, as palabras que Sarah Maldoror (Gers, Francia, 1929) pronunciou na Sala Azcona da Cineteca de Madrid onde tivo lugar a sesión inaugural da retrospectiva que Documenta Madrid e o Reina Sofía...

Xoia cinematográfica

Impactante. A ópera prima de Hu Bo (1988-2017) é un filme conmovedor. Hai quen o considera xa unha obra mestra e non me sorprende en absoluto que así sexa, pois An Elephant Sitting Still é un traballo exquisito. Ao longo de 234 minutos Ho Bu consegue colocarnos nun escenario sombrío grazas a atmosfera opresiva que...

Grazas a Ozon

François Ozon volve sorprender. Faino cunha proposta diferente que deixa ver, unha vez máis, a súa versatilidade creativa coa que se coloca nun lugar, en certo xeito, inclasificábel, algo ben interesante.  No canto de se acomodar nun nicho concreto -o do cine queer, por exemplo-, decide arriscar e aborda,...

Cine galego en Cannes

Laxe repite en Cannes. O cineasta galego, que xa gañou neste Festival de Cinema o premio Fipresci con Todos vós sodes capitáns (2010) e mais o recoñecemento da crítica coa súa segunda longa, Mimosas (2016), compite desta volta cun terceiro traballo: O que arde. Oliver Laxe est un cinéaste gallicien formidable,...

De monumentos e desastres

Un desastre. Ver arder Nôtre-Dame deixou a cidadanía de París conmocionada. Toda Francia lamenta o sucedido. Tamén Europa e o resto do planeta. Esta impresionante catedral, inmortalizada por Víctor Hugo na súa famosa novela -Nôtre-Dame de Paris, publicada en 1831-, asistiu silandeira a moitos acontecementos...

Leccións de beleza

Delirante. O do señor Espinosa pasa xa de castaño escuro. Iso de cualificar as políticas polo xeito de vestir e polo seu físico é absurdo, mais, por riba de todo, machista . Agora ben, sorprender non sorprende en absoluto, porque o machismo é a liña do seu partido. Non me gusta nada Albert Rivera, mais, neste caso,...

Dor e gloria

Dolor y gloria. Ese é o título orixinal do filme de Almodóvar, que xa se pode ver nas salas nestes días. O cineasta explicou na revista Cahier du cinema de xaneiro que con esta fita completa, sen o ter así pensado nun principio, unha triloxía iniciada con A Lei do desexo (1987) e A mala educación (2004).  “Nos...

Cannes: a polémica

Mentres todo se prepara en Cannes para celebrar o Festival de Cinema, que será entre o 14 e o 25 de maio, a polémica continúa. A saber: Neftlix non presentará ningún filme ao certame. Nin en competición, nin fóra dela. Polo visto a plataforma audiovisual estará ausente, por segundo ano consecutivo, a raíz de que o...

A folga feminista

Pasou o día, pasou a romaría? Esta é unha pregunta que poderiamos facernos despois dos asasinatos que tiveron lugar en Galiza e Andalucía tras a exitosa xornada de folga do 8 de marzo. Ese día podiamos con todo. Moreas de mulleres saímos ás rúas de todas as vilas e cidades para expresar a nosa repulsa ante a...