Opinión

Agradecer e lembrar

Non olvido o sufrimento humano, porque non quero ignorar a Deus, pero tampouco me gusta esquecerme de cousas importantes, vividas ó longo da vida. Como vou a non recordar os anos daquel longo bacharelato vivido no noso instituto? Imposible! Un curso de 1ª “pitos”, con máis de 50 alumnas. Todas amigas, todas a unha. Claro que había pandillas. A nosa “AvedelaPan”, a máis numerosa, a máis diablesa, pero “aventurasdelapandilla” sempre fomos boas compañeiras, sempre defensoras dos profesores. Estupendos ensinantes. 

O noso grupo, boas estudantes. As dúas matrículas estaban nel. A miña compañeira de pupitre era unha: Modesta Marbán Vázquez, unha gran deportista. Que nova nos deixou! A miña amiga entrañable, Pilarín Monje Lucha, de Segovia, a nai, inspectora e profesora de Francés, o pai, profesor daquela na academia Xesta. Morreu noviña. A miña compañeira e amiga, despois, a outra honor: Isabelita Soto Quintas, gracias a Deus entre nós. Estudiábamos xuntas, presentábamos unhas libretas e traballos impecables.

Hoxe, poucas e poucos imos quedando. Sete longos anos. A Reválida xa a preparamos xuntos, compañeiras e compañeiros. Moitos-as xa finaron; dalgunhas poucas, non sabemos. Pra ti, Sabelita, Chiña, Carmiña F. Reinoso, Mary, hermanas Porto Álvarez. E de compañeiros, Antonio e Pablo (vai pouco deixounos); Moncho Valeiras, de Vigo; Melqui, gran amigo, e Cesáreo, vai uns anos.

Cantas trastadas! As cuidadoras, Srta. Pemán, tiñámoslle máis respeto. A pobre de Mercedes, alias “Pirula”, tiña unha xeta! Pero era boa. Igual iba calcetando na “sisa” e desfacíamoslle ata o elástico. Actividades? Uf: radio. Un bico, D. Ramón, D. Alfonso, Piquer, Anselmo, Sr. Ferro, querido Sr. Rius. Oh!, Alvarado, o locutor Pedro Arcas, eu que sei! Teatro, recitados. As maiores, lembro Sarita Moure, cantaba moi ben, Tilde Iglesias, a nosa profe de ximnasia, Ceres. Os que se me esquecerán.

Non dábamos feito. Teatro Losada, o Principal, ata no teatro “Os Caballeros de Santiago”, co Padre Guillén, un franciscano cultísimo, pero cun xenio! Tamén nos quería e ríase moito connosco. Imposible olvidar, imposible, os boísimos catedráticos que nos ensinaron e aturaron: D. Jaime P. Coleman, sempre fino, cabaleiro. D. J. Saco Maureso, o director, dábanos latín, e eu ata lle daba o mesmo tono: iiidussss maiusss”. D. Manuel, alias “manolito bombero”, o de grego, e ata sabíamos o texto: Jo. Pe. To. D. José Osorio, francés. D. V. Alonso, inglés. Matemáticas, o Sr. Fitera e un novo, moi bo matemático, era nativo de Trives. Hai! que non se me vén o nome, chamábamoslle “o punto de inflexión”. D. Rogelio Ascariz e D. Francisco, os de Relixión. D. J. Souto Vilas, Física e Química: canto experimento!, moi sabido el, “cero por la patata, cero por el experimento y cero por el cordel”; queríamolo e queríanos. D. Alfonso Vázquez, dábanos Historia; moi cercano, sabíamos a asignatura. Dª Patro, estupendísima, Física e Química; formulábamos a tódolos aires química orgánica, inorgánica; eu tamén a sigo querendo. D. Ricardo Sádaba Sanfautos, moi bo profesor de Dibujo. A boa de Dª Paz e o gran pintor, artista, etc. moi boa persona, D. Jesús Soria. Fixáronse ben nas cristaleiras da igrexa de Fátima? Tamén é el o autor, D. Jesús.

Algúns non recordaredes, pero non podía deixar os “tres grandes”: Sr. Amengual, como nos sabíamos sus “Ciencias”, que cercano! Sr. Saura Falomir, unha gloria, la Literatura, cataláns os dous. D. Francisco Fernández, segoviano, filósofo, decía: “Pero Sr. Carreras Artau, si repite usted más que la cebolla”. Recordo a D. Jaime Rionegro, Sr. Legísima, Sr. Germá. Un bacharelato feliz.

E seguimos. Praza do Trigo, Rey Soto, moi próximo en todo. Culto, culto. Durmía polo día e escribía pola noite. Cada quen ten os seus gustos. “Círculo Carlista”, xogos, teatrillos. Baixo os soportáis, pelotas, escondites. Fonte Novam, a cola dos botixos. Pegada o “patín” da Catedral, a Rosareira, Sra. Ignacia... axudábamoslle a vender.

Casa, antigua, precioso corredor, de Pedro Seara. Tiñan tenda abaixo e vivenda arriba. Como si fose a nosa casa!, cos rapaces Pedrito, Toñita, a nai, un encanto. Un zapateiro, un xoiero, metido nun baixiño. Xa non entramos na preciosa plazoleta da Madalena. Pegada as escaleiras daquela casona onde vivía unha cidade. Caseque tódolos monaguillos vivían nela. De grandes, moi boa xente e a maioría con xoierías propias. Os Madriñán, os Uruburu, os Cid, a Marinita, Toñita, Tenia. Na esquina vivira o médico Sueiro, os Iglesias, unhas Aláez.

E volvendo cara a Catedral, a Maricarmen, Manolita, Pastora, “Academia P. Feijoo”. 

“No patín”, sempre en mín, Sra. Carmen, Sr. Emilio, Sr. Eliseo. Os “Luminarios” e con eles Cefe, Antonio, D. Francisco, estouvos vendo! E saltando e xogando, Chicha, amiga miña de sempre, moito máis nova que eu. Sempre preto uns dos outros. Escoito: so!, soooo!, é o carboeiro, o Sr. Julio, e o seu burro. Bueno, hai que facer o “rexistro” na Catedral. É hora de pechar. Eu tamén pecho, pero sempre estas lembranzas, en min.

Gracias, por lelas! Moitos, tamén recordaredes. Volvemos a vivir aqueles tempos, a que si?

Te puede interesar