Opinión

Ar limpio

Non baixemos a garda no momento máis importante, xa sufrimos e padecido o que son e saben faclos dous grandes partidos a nivel estatal, leña da mesma árbore, quítate ti que, agora tócame a min ...

O digo, porque hai rumores de que estes dous compa- ñeiros de alcoba, se están a recuperaren de cara ás próximas eleccións ás Cortes Xerais de finais de ano, e Pdemos así como, Cidadáns están a retrocederen; parece que se mantén Esquerda Unida. Hai unha lei non escrita que é o “costume”, moi arraigado por eses lares, non é que sexa desaconsellable “per se”, pero si moi nociva cando se leva á práctica fóra de contexto, refírome aos malditos bandos, á bicefalia sistemática deste país, o comigo ou contra min, que tanto dano fixo; limpemos un pouco o toxal, unha democracia que se prece debe ser dinámica e onde non se perpetúe nin nada nin ninguén, onde prime a alternancia porque a auga estancada fede e o poder corrompe, así que demos paso a outras persoas con ideas distintas e innovadoras.

E remato citando a León Felipe, a última parte dun dos seus poemas, “falamos a grito ferido e estamos desentoados para sempre, para sempre porque tres veces, tres veces, tres veces, tivemos que desgañitarnos na historia, ata desgarrarnos a larinxe”, falaba e fala de nós, os españois. 

Te puede interesar