Opinión

Crónica dunha morte anunciada

Marchouse Suárez, pero queda o seu nome no máis alto da historia de España como presidente do Goberno que fixo posible a transición da ditadura á democracia. Un home procedente do partido único, do Movemento e, no que ninguén creía cando se soubo, en 1976, que o rei, primeiro impulsor do cambio de réxime, outorgáralle a súa confianza para principia-lo camiño á liberdade. Pero que, de súpeto, case dende o primeiro momento, soubo gaña-lo aprecio e a admiración dos españois por a súa audacia, por o seu valor, que o había que ter e, moito para liderar e ademais dando a cara, a destrución, como paso previo, dos cimentos do tecido político franquista que permitiría o paso libre á Constitución e á creación dun Estado democrático tras case corenta anos de autarquía, e elo sen ferir demasiado as ideoloxías e os intereses de todo tipo, duns e doutros, de quen ata entón, detentaran o poder absoluto e quen aspiraban ao mesmo a través das urnas pero en demasiadas ocasións dende formulacións radicais que Adolfo Suárez esforzouse en esquivar dentro do posible. A súa personalidade e o seu carisma fixeron e resto e gañou, ao fronte dunha UCD centrista, que primeiro foi coalición e logo partido, as primeiras eleccións xerais da nova democracia.

Foi unha época tremendamente intensa e complexa a todos os niveis, nun país conmocionado e convulso polos constantes atentados terroristas dos asasinos etarras, e na que se prodigaron luces e sombras, atinos e erros. A Suárez, como presidente do goberno caeulle por riba un cúmulo inmenso de tensións e presións que, ao postremo, remataron facéndolle dimitir, acosado non só dende fóra senón tamén dende dentro por os seus propios aliados de partido que non disimularon nunca o “facerlle a cama” descaradamente, imposibilitando entres unhas cousas e outras a gobernabilidade do país. Pero non era home que se rendese ás primeiras de cambio e a súa ambición levoulle a crear, máis tarde, o CDS cos poucos fieis centristas que aínda seguían no seu entorno trala desbandada ao emerxente PSOE e a AP de Manuel Fraga. A sorte estaba botada xa, porén, e cercado pola realidade, ao expresidente non lle quedou outra saída que, decepcionado, irse retirando pouco a pouco da política activa. Aquela etapa da súa vida pasaríalle logo unha cara factura, posiblemente, fundíndoo co paso do tempo nun precoz alzhéimer no que permaneceu once anos, sen lembrar sequera que foi o primeiro presidente da España democrática e adaíl e icona dunha transición política considerada como modélica que soubo xestionar e sacar adiante pese a tantos grandes atrancos e dificultades que entón parecían insalvables pero que se salvaron.

Agora, e como acontece sempre, quen tanto conspiraron e intrigaron, de todas as formas posibles e dende todas as plataformas posibles contra Adolfo Suárez, ata acadar dinamitando UCD e o centro como opción de futuro, farán loas e loubanzas do seu labor. Hai unha fotografía, de hai uns anos, na que se ve ao rei levando do ombro ao expresidente que xa non era quen, os dous de costas á cámara, afastándose, e que resulta o máis expresivo símbolo da transición e pode que dos tempos actuais.

Te puede interesar