Opinión

España va bien?

Cando quen nos goberna empecíase en ve-las cifras macroeconómicas como o indicador da saída da crise, poden acontecer dúas cousas, ou que é parvo, ou que pretende tomarnos por elo a todos. Se a ese se suma todo o gabinete con Rajoy á cabeza, isto convértese en estratexia Arriola, converte-la repetición sistemática en verdade e dogma de fe. Sen ser nin economista nin ter grandes coñecementos académicos sobre elo, calquera español de a pé, canto menos, quédase coa boca aberta ante tal afirmación.

O problema xa non é só los cinco millóns de demandantes de emprego. Hoxe, en pleno século XXI, nesta España nosa, o 60% dos que traballan tamén son pobres. Entre reformas laborais, do PP, e tamén do PSOE (convén non esquecelo), os empregos son precarios, mal remunerados e, en moitos casos, con condicións de traballo en fraude de lei. Queda ben saír á palestra en horario de máxima audiencia televisiva dicindo que diminuíu o paro. O que un líder serio, que pense nos seus cidadáns, debe dicir é a verdade. E a verdade sae dos datos, por moito que queiran enmascaralos. En España perdemos medio millón de poboación activa, perdemos persoal no ensino, a sanidade e os servizos asistenciais; pola contra, gañamos camareiros e traballadores eventuais. Con toda a dignidade e o respecto que me merecen ambos colectivos, non debería ser ese o camiño primordial. En romano paladino, diminúen os datos do paro con contratos de moi baixa cualificación, precarios e tan míseros que, en moitos casos, non compensan os gastos que deriva o devandito emprego. E o que é peor, o modelo produtivo que quer implanta-la dereita baséase nuns cimentos de man de obra sen cualificar, barata e case escrava, que manteñan un palacete onde uns poucos vivan como sultáns. O que non calibraron é o futuro a moi curto prazo.

Te puede interesar